Sábado, 26 de Maio de 2007
[26/05/2007]/Este fin de semana o Pontevedra B despide a tempada. O filial granate, co ascenso xa conseguido, xoga a domicilio ante o Salvaterra o último encontro dun ano ligueiro que quedará na lembranza dos afeccionados pontevedreses, os mesmos que a vindeira tempada disfrutarán da Terceira División.
O cadro que dirixe Santi Mariño buscará unha nova victoria para rematar con mellor sabor de boca se cadra. Ao igual que sucedeu ante o Cultural Areas a pasada semana, o once titular podería estar formada polos xogadores que disputaron menos minutos. Coas ausencias de Roi e Revuelta, convocados co primeiro equipo, e de Jesús, que está lesionado, Santi Mariño deberá facer algún troco na formación inicial. O adestrador do filial recupera para esta cita a Anxo, tras cumprir o capitán do equipo un encontro de sanción.
O encontro entre Salvaterra e Pontevedra B xogaráse este domingo a partir das 18 horas no campo de Dextros.
Nova engadida por JBA @ 12:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións