[27/05/2007]/O Pontevedra B despediuse da Rexional Preferente cunha derrota ante o Salvaterra por catro goles a dous. Sen nada en xogo por parte dos dous conxuntos, o encontro foi unha festa de goles. Cos de Santi Mariño, que xa teñen o ascenso asegurado, podería subir á Terceira División o Verín, que quedou segundo do grupo e deberá xogar unha eliminatoria co Cidade de Santiago, segundo do grupo norte.